Novas
Novas é o novo espectáculo de Xoán Curiel estreado
na Zona "C" en Santiago de Compostela en Decembro do 2012.
En Novas, Curiel utiliza elementos da danza e o teatro e canta temas inéditos, novos e algún tema de colaboracións en
discos doutros artistas. Todo isto cun formato musical diferente: sen percusión
e con bases electrónicas. Ademais, a posta en escea tamén ten un carácter
experimental: o público está situado entre os artistas e pode participar no
evento dun xeito moito mais cercano.
Músicos de Novas:
- Xoán Curiel: Voz, guitarras e ukelele
- Serginho Sales: Teclado, acordeón e programación
- Alberte Rodríguez: Contrabaixo e baixo eléctrico
* Músicos convidados na Zona "C":
- María Blanco: Violín
- Nastasia Zürcher: Voz
VÍDEOS:
- O BARDO - ESPECTÁCULO NOVAS -







