XOAN CURIEL

TREIDES COMIGO XA ESTÁ Á VENDA!

Ponte en contacto e solicítao.

TREIDES COMIGO!

divider

A nova proposta de Xoán Curiel, creada a partir de cantigas medievais compostas por trobadores galegos.

PRÓXIMOS CONCERTOS

  • Aínda non hai novos concertos programados. Fica atento!

BIO

divider

Xoán Curiel (Fonsagrada, 1975) é un artista que destaca pola súa creatividade e prolífica obra dentro do panorama musical galego. Cantante, compositor, músico, actor e director, desenvolve a súa carreira en Santiago de Compostela dende hai vinte anos.


Camiña de disco en disco mudando de pel sen saber que cor vai ter o seguinte traballo, sempre experimentando con novas sonoridades, cores e ritmos. Como artista independente ten por bandeira a liberdade creativa e a evolución constante na artesanía da súa labor.


Agora presenta Treides Comigo!, un traballo de madurez no que conta con colaboracións e músicos extraordinarios.